misión

 

 

Esforzámonos para poñer en valor as melloras que acometen os nosos clientes, fomentando a integración dos aspectos sociais, ambientais e de bo goberno na estratexia e xestión de empresas e organizacións e sendo a excelencia a nosa carta de presentación. Desenvolvemos a nosa actividade nun marco de compromiso coa sociedade e respecto ao Medio Ambiente.

visión

 

 

 

Traballamos para situarnos como unha organización líder, recoñecidos pola calidade do noso servizo e a orientación á satisfacción das necesidades e expectativas dos nosos clientes, sempre baixo estritos criterios de rendibilidade, transparencia, protección do medio ambiente e o compromiso social.

valores

 

 

 

Os valores de Actúa sostible están interrelacionados e compleméntanse mutuamente, diferenciándonos e guiándonos no noso labor diario, sendo a base da nosa cultura empresarial a responsabilidade, a innovación, a integridade, a transparencia, a calidade, o compromiso e a confianza.