facemos

Cada organización, empresa ou institución, é un microcosmos diferente que necesita dunha resposta distina para facer fronte ás suás necesidades.

A posta en marcha de estratesias de sustentabilidade vén dando resultados altamente positivos na viabilidade económica das organizacións, á vez que as fan duradeiras no tempo e na súa estrutura, asegurando a estabilidade laboral e a seguridade ambiental da contorna na que se asentan.

Por outra banda, mellora a súa reputación ante a sociedade e a relación cos seus grupos de interese, aos que converte en suxeitos activos da súa estratexia sustentable.

Por iso, desde ACTÚA sostible queremos chegar ás organizacións desde la transmisión de coñecementos e desde a súa aplicación na mellora continua na calidade dos seus procesos, sempre desde un trato único e apropiado de encadre, nivel e resultados.

FORMACIÓN

Formamos en metodoloxías de aprendizaxe, activas e inclusivas, centradas no alumnado, e aplicámolas nos proxectos formativos relacionados cos campos de traballo nos que desenvolvemos os nosos servizos de consultoría.

 

CONSULTORÍA

Poñemos o noso coñecemento ao servizo de Centros Educativos, Empresas,   Administracións Públicas e Asociacións no desenvolvemento de Proxectos Educativos, de Responsabilidade Social (empresarial e institucional) e de Medio Ambiente.