sustentabilidade, formación, responsabilidade social e medio ambiente

nós


ACTÚA sostible é unha organización formada por un grupo de profesionais independentes, que axudan a outros profesionais, empresas, administracións públicas e asociacións (terceiro sector), achegando o seu coñecemento en materia de sustentabilidade, formación, responsabilidade social e medio ambiente.

 

Quen forma ACTÚA sostible, mantén unha estreita colaboración con persoas, físicas e xurídicas, comprometidas coa calidade e a excelencia e cuxa actividade ten como meta avanzar na mellora dos procesos e dos seus obxectivos sociais e ambientais.

 

En ACTÚA contamos con expertos en educación, orientados á formación de persoas no exercicio da súa profesión e de futuros profesionais. Para iso aplicamos metodoloxías activas de aprendizaxe baseadas no alumnado e traballamos aspectos clave como o talento, a creatividade e a resolución de conflitos.

 

Actuamos hoxe pensando no mañá, valéndonos da nosa experiencia e do coñecemento do pasado. Queremos prosperar, pero non á conta do que sexa. Intervimos para crecer, facendo noso o termo sustentable. Queremos coller a túa man e contigo camiñar cara ao futuro.

 

Por iso, compre actuar desde unha tripla perspectiva: na procura dun desenvolvemento economicamente eficaz, socialmente equitativo e viable desde o punto de vista ambiental. Porque estamos convencidos de que unha actividade é sustentable se esta perdura no tempo. E porque sabemos que para que perdure é fundamental partir dun coñecemento concreto dos problemas.

 

Juan Fco. Froján

CEO en ACTÚA SOSTIBLE